Albóndegas con queixo de tetilla

albóndigas con queixo de tetilla

Albóndegas con queixo de tetilla

Se hai unha receita de toda a vida que conquista a todo o mundo esa é a de as albóndegas. Diferentes formas de preparalas pero para que saian ben haberá que facelas con cariño e sen presa. Neste caso o ingrediente estrela é o queixo de tetilla, soa ben non si? Deliciosas e o comodín perfecto que podemos cociñar de máis para conxelar.

Preparación
20 min.

Cociñado
35 min.

Total
55 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 500 gramos de tenreira galega e 500 g de carne de cerdo (ambas picadas e mesturadas entre si)
  • 4 cenorias medianas
  • 1 ovo
  • 800 gramos de tomate triturado natural
  • 200 ml de auga
  • 2 cebolas medianas
  • ¼ de pemento vermello
  • ¼ de pemento verde
  • 2 dentes de allo
  • 100 gramos de miga de pan mollada en leite Leyma Natura
  • Romeu, alfábega e pirixel.
  • Sal e pementa
  • Aceite de oliva virxe extra.
  • Orégano deshidratado
  • 4 culleradas de fariña
  • 250 gramos de queso de tetilla Leyma Natura

Preparación

  1. Triturar a miga de pan mollada no leite, unha cebola cortada en anacos, un dente de allo, sal, pementa negra e orégano.
  2. Mesturar nunha cunca as carnes picadas co preparado anterior e co ovo lixeiramente batido e o queixo de tetilla relado.
  3. Facer as albóndegas, pasalas pola fariña para logo doralas nunha tixola con aceite e reservar.
  4. Picar a outra cebola, o dente de allo, os pementos e poñelos a escalfar nunha pota cun pouco de aceite.
  5. Engadir o tomate triturado natural, as cenorias peladas e cortadas en toros, a agua e un pouco de romeu, alfábega e pirixel para logo salpementar.
  6. Deixa cocer a lume lento durante 20 minutos.
  7. Engadir as albóndegas e deixar cocer 15 minutos máis a lume medio baixo.