Bica branca de Laza

Bica branca de Laza

O de lamber os bicos queda moi curto para describir esta espectacular lambetada típica de Laza (Ourense). Un manxar perfecto para almorzar coma un rei, unha merenda especial con amigos… Elaborada con nata Leyma, ha facer de ti o anfitrión perfecto de calquera xuntanza.

Preparación
15 min.

Cociñado
45 min.

Total
60 min.

Racións
10

Ingredientes

  • 1 molde rectangular de 27 x 20 cm ou semellante
  • 9 claras de ovo ou un bote de claras
  • 400 g de azucre branco
  • 375 g de fariña de trigo de todo uso (non de repostaría)
  • 375 ml de nata para bater Leyma Natura moi fría
  • Esencia de anís (opcional)
  • Manteiga para engraxar o molde
  • Azucre e canela en po para a costra superior

Preparación

  1. Forra o molde con papel de forno e engráxao coa manteiga. Reserva.
  2. Prequenta o forno a 200 °C por arriba e por abaixo (sen ventilador).
  3. Monta a nata Leyma Natura. Reserva.
  4. Monta as claras a punto de neve. Na metade do proceso engade o azucre aos poucos e unhas pingas de esencia de anís. Continúa batendo ata que estean firmes.
  5. Ás claras, engádelles a fariña peneirada aos poucos e intégraa coas variñas con moito coidado de non baixar as claras, con movementos envolventes e lentos.
  6. Engadimos a nata batida en tres ou catro veces e integramos con coidado.
  7. Vertemos a mestura no molde. Botamos por riba unha mestura de azucre e canela (opcional).
  8. Poñemos o forno a 180 °C só por abaixo. Introducimos o molde no nivel 3 do forno durante 10 minutos.
  9. Cambiamos o forno a 180 °C por arriba e por abaixo. Enfornamos 35 minutos máis.
  10. Retiramos de forno e deixamos repousar 5 minutos no molde. Desmoldamos sen retirar o papel e deixámola arrefriar sobre unha grella.

As nosas suxerencias