
Biscoito caseiro con nata Leyma Natura
Un básico que repetirás ata cansarte. Este biscoito con nata Leyma Natura está para lamber os dedos! Fácil de facer, moi versátil e boísimo. Anímate a preparalo e verás, almorzar cun así, alegrarache o día 😉
Preparación
10 min.
Cociñado
45 min.
Total
55 min.
Racións
10
Ingredientes
- 400 gr de nata Leyma Natura
- 400 gr de fariña
- 40 gr de fermento
- 400 gr de azucre
- 6 ovos
Preparación
- Antes de comezar, enfariñamos o molde para evitar que se nos pegue o biscoito.
- Prequentamos o forno a 180ºC.
- Vertemos todos os ingredientes nun bol.
- Batemos todo e mesturamos ben ata obter unha masa homoxénea e sen grumos.
- Unha vez mesturado, pasamos a masa ao molde.
- Enfornamos 45 minutos aproximadamente a uns 170º C, dependendo do forno que usemos.
- Para saber se o noso biscoito xa está feito, picámolo cun escarvadentes. Se sae limpo, podemos retiralo do forno; se ten restos de masa, deixámolo no forno uns minutos máis.
- Cando o noso biscoito xa estea feito, deixámolo arrefriar e personalizámolo ao noso gusto cos ingredientes que máis nos gusten: pebidas de chocolate, nutella, marmelada, amorodos…