Biscoito de nata e amorodos

Biscoito de amorodos e nata

Biscoito de nata e amorodos

O seu olor, o seu sabor, a súa cor… a súa chegada pon fin ao duro inverno e anuncia o comezo da primavera 😊 En Leyma encántannos os amorodos! E este biscoito de nata e amorodos é para quitar o sentido, anímate a facelo e verás como protagoniza máis dunha das túas merendas esta primavera! 😉

Preparación
30 min.

Cociñado
50 min.

Total
80 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 230 g manteiga Leyma Natura
  • 350 g fariña de trigo
  • 250 g azucre
  • 100 g nata para montar Leyma Natura
  • 4 ovos grandes
  • 1 sobre de fermento en po
  • 10 amorodos de bo tamaño

Preparación

  1. Lavamos e picamos os amorodos en anaquiños pequenos.
  2. Engraxamos un molde con manteiga.
  3. Prequentamos o forno a 180º con calor arriba e abaixo.
  4. Derretimos a manteiga Leyma Natura, bastará cuns segundos no microondas.
  5. Montamos lixeiramente a nata Leyma Natura e reservamos.
  6. Tamizamos a fariña xunto co fermento en po e reservamos tamén.
  7. Batemos os ovos co azucre ata que dupliquen o seu volume.
  8. Engadimos a manteiga e a nata e mesturamos ben.
  9. Incorporamos a mestura de fariña e fermento e removemos ata que nos quede unha masa perfectamente homoxénea e sen grumos.
  10. Rebozamos os amorodos en fariña para evitar que se afundan durante a cocción e introducímolos suavemente na masa.
  11. Envorcamos a mestura no recipiente que engraxamos previamente e enfornamos durante máis ou menos 50 minutos dependendo do forno, ou ata que ao pinchar o biscoito cun escarvadentes salga limpo.

Deixamos arrefriar e … listo para desfrutar! Estamos seguros de que che encantará! 😋