Biscoito de castañas, chocolate e mel

Biscoito de castañas, chocolate e mel

O verán quedou lonxe, pero todas as etapas do ano teñen a súa parte boa. E o ben que entra un anaquiño de doce cun café con leite Leyma Natura quentiño? Este que che traemos hoxe é un biscoito moi orixinal, perfecto para esta época porque literalmente sabe a outono 🤤 Proba e verás!

Preparación
30 min.

Cociñado
30 min.

Total
60 min.

Racións
8

Ingredientes

  • 225  g de manteiga Leyma Natura e un pouquiño máis para engraxar o  molde
  • 100  g de mel
  • 100  g de chocolate negro e un pouco máis para decorar
  • 3 ovos grandes
  • 300  g de fariña
  • 2  culleradiñas de fermento en po
  • 10 culleradas de castañas cocidas trituradas

Preparación

  1. Cocemos as castañas, pelámolas e triturámolas.
  2. Partimos 60 g de chocolate.
  3. Untamos con manteiga o molde que vaiamos utilizar.
  4. Derretimos a manteiga Leyma Natura xunto con 40 g chocolate e o mel nun cazo, a lume lento e removendo ocasionalmente. Deixamos que se cociñe durante 3-4 minutos, apagamos e deixamos arrefriar.
  5. Prequentamos o forno a 170º.
  6. Batemos os ovos nun recipiente e integramos coa mestura anterior xa fría.
  7. Tamizamos a fariña e o fermento nun recipiente grande e facemos un oco no centro.
  8. Vertemos a mestura de manteiga, chocolate, mel e ovos no recipiente e removemos incorporando gradualmente a fariña.
  9. Agregamos as castañas trituradas e o chocolate partido (reservamos parte para decorar), removemos ata que a mestura sexa homoxénea.
  10. Vertemos a masa no molde e decoramos a superficie coa mestura de castañas restante e o chocolate partido que nos queda.
  11. Enfornamos durante aproximadamente 60 minutos. Podemos comprobar que o biscoito está feito se o picamos cun escarvadentes e sae limpo ao sacalo.
  12. Deixamos que o pastel arrefríe no molde durante uns 15 minutos, desmoldamos e… listo para gozar! 😋

As nosas suxerencias