
Canelóns sorpresa de xamón, queixo e verduriñas
A receita de hoxe é un pouquiño máis especial, xa que o ingrediente principal destos canelóns é o pan de molde. Unha receita que volverá tolos aos máis pequenos e ademáis súper nutritiva. Cómo é iso posible? Explicámoscho, é moi sinxelo.
Preparación
15 min.
Cociñado
60 min.
Total
75 min.
Racións
3
Ingredientes
Para a salsa de tomate:
- 2 tomates grandes
- 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa
Para os canelóns:
- 6 rebanadas de pan de molde
- 6 liscos de queixo Leyma Natura
- 6 liscos de xamón cocido
- 2 tomates pequenos
- 1/2 cabaciña
- 1 puñado de perexil
- Sal
- 1 cullerada de manteiga Leyma Natura
- Queixo de Arzúa-Ulloa Leyma Natura
Preparación
- Empezamos preparando a salsa de tomate, triturando os tomates e sofritíndoos durante 5 ou 10 minutos co aceite, o sal e a pementa, ata que a salsa reduza e quede sen auga.
- Preparamos tamén unha mestura con cabaciña e tomate en taquiños pequenos, cun pouco de perexil, sal e aceite.
- Cun rodete, estiramos as rebanadas de pan de molde ata deixalas moi finas
- Poñemos sobre cada rebanada un lisco de queixo, un de xamón e unha cullerada da mestura de verduriñas. Enrolámolos coma se fose un canelón.
- Nunha fonte para forno, vertemos a salsa de tomate caseira e colocamos os canelóns. Derretimos no microondas a manteiga e untamos con ela os canelóns.
- Por encima colocaremos unha capa de queixo en liscos e partiremos tamén un pouco de queixo de Arzúa que esparexeremos por encima.
- Enfornamos a 180º durante 30 minutos aproximadamente e… a gozar!