Cestiñas de langostinos con salsa de iogur

Cestiñas de langostinos con salsa de iogur

Unha receita desas que che farán quedar como un anfitrión de primeira. Cos ingredientes de sempre pero cun resultado totalmente diferente e moi especial. Descobre o sabor que se esconde no interior destas cestiñas e xa nos contarás 😏

Preparación
60 min.

Cociñado
30 min.

Total
90 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 4 iogures gregos
  • 1 dente de allo
  • 1 limón
  • 4 gr de pirixel fresco
  • Pementa negra molida
  • 600 gr de langostinos
  • 2 ovos
  • 200 ml de leite enteira Leyma Natura
  • 75 gr de fariña
  • 1 cebola
  • 4 dentes de allo
  • 100 ml de whisky
  • 125 ml nata para cociñar Leyma Natura
  • Ramiñas de ceboliño
  • Aceite de Oliva Virxe Extra
  • Sal

Preparación

  1. Comezamos preparando a salsa de iogur. Para iso, botamos os iogures nun bol e batemos ata obter unha textura suave e sen gromos.
  2. Partimos o dente de allo e relámolo sobre os iogures batidos. Engadimos o zume do limón e o pirixel picado moi fino.
  3. Por último, agregamos o aceite de oliva e batemos ata que todos os ingredentes estean ben integrados. Salpementamos ao gusto, volvemos bater e reservamos para despois.
  4. Para elaborar os crêpes, botamos os dous ovos nun bol e engadimos sal ao gusto.
  5. Engadimos a fariña peneirada e o leite no bol e batemos ata obter unha mestura firme e sen gromos. Deixámola reposar mentres preparamos os langostinos.
  6. Pelamos os langostinos e quitámoslles a cabeza. A continuación, pelamos tamén a cebola e os dentes de allo e picámolo todo moi fino.
  7. Nunha tixola, botamos unha cullerada de aceite e cando estea quente engadimos a cebola e o allo. Cando a cebola estea transparente, engadimos os langostinos.
  8. Despois duns minutos, botamos o whisky e subimos o lume ata que reduza. Poñemos a lume lento e incorporamos a nata, removemos ben e deixámolo cociñándose uns minutos.
  9. Para preparar os crêpes, vertemos unha cullerada da mestura nunha tixola antiadherente e deixámola ata que estea dourada polos dous lados.
  10. Pasámola a un prato, enchémola cos langostinos e pechámola coa rama de ceboliño.
  11. Podemos engadir a salsa de iogur antes de pechar a cestiña ou vertela por riba, como máis nos guste.

As nosas suxerencias