
Coliflor gratinada ao forno
Hai tanta xente que ama a coliflor como xente que a odia e iso non pode ser! Es dos segundos? Proba a facer esta receita de coliflor gratinada ao forno e verás como cambias de bando 😏
Preparación
30 min.
Cociñado
20 min.
Total
50 min.
Racións
4
Ingredientes
- 1 coliflor partida
- 60 g. de manteiga Leyma Natura
- 60 g. de fariña de trigo
- ½ litro de leite enteiro Leyma Natura
- 100 g. de queixo D.O. Arzúa-Ulloa Leyma Natura
- Noz moscada
- Sal e pementa
- Queixo relado ao gusto
Preparación
- Poñemos ao lume un pota con auga e un pouco de sal e levamos a ebulición.
- Agregamos a coliflor partida e fervémola durante 8 minutos para que non quede demasiado branda, retirámola da auga, escorremos e reservamos.
- Mentres tanto, imos preparando a salsa bechamel: Derretimos a manteiga Leyma Natura nunha tixola a temperatura media. Imos agregando a fariña sen parar de remover coa axuda dunhas baleas. Engadimos o leite quente e seguimos removendo ata conseguir a textura desexada (con certa consistencia pero cremosa).
- Condimentamos ao gusto coa sal, pementa e noz moscada e mesturamos ben.
- Engadimos o queixo e removemos ata que se funda por completo. Retiramos do lume.
- Colocamos a coliflor nunha bandexa para forno, vertemos a bechamel sobre ela e empoamos co queixo relado.
- Enfornamos durante 10-15 minutos ou ata que que quede douradiña.
- E lista para gozar! Absolutamente deliciosa 😋