Crema de castañas e champiñóns

Crema de castañas e champiñóns

Que ben sentan os pratos  quentiños nesta época do ano! E se son con alimentos de tempada mellor que mellor 🌰 Esta crema de castañas e champiñóns, ademais de sa e nutritiva, entra que dá gusto 😍 Anímate a facela e cóntasnos!

Preparación
35 min.

Cociñado
20 min.

Total
55 min.

Racións
6

Ingredientes

  • 250 g de champiñóns
  • 200 g de castañas cocidas
  • 1 allo porro
  • ½ cebola
  • 800 ml de caldo de verduras
  • 4 dentes de allo
  • 50 ml de nata para cociñar Leyma Natura
  • Pementa
  • Noz  moscada
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal

Preparación

  1. Pelamos a cebola e os allos e partímolos xunto ao allo porro.
  2. Sofritimos cun chorriño de aceite de oliva na tixola.
  3. Mentres se vai cociñando, limpamos ben os champiñóns e tamén os partimos, igual que as castañas cocidas.
  4. Engadimos os champiñóns e as castañas ao sofritido, incorporamos as especias ao gusto, un chisco de sal, e deixamos que se vaia facendo durante aproximadamente 5 minutos.
  5. Agregamos o caldo e cociñamos a lume medio durante 10 minutos.
  6. Incorporamos a nata Leyma Natura e removemos para que se integren ben todos os ingredientes.
  7. Pasamos a mestura pola batedora ata eliminar todos os grumos e obter a textura desexada: suave e cremosa.
  8. E a gozar deste pratazo de outono! 😋

As nosas suxerencias