
Crema de grelos
O segredo para preparar unha deliciosa crema de grelos é suavizar a presenza desta verdura incorporándolle leite e nata Leyma Natura á preparación. Gañarás en cremosidade, manterás o sabor e convencerás a toda a familia de que deguste os grelos de sempre dunha forma distinta.
Preparación
5 min.
Cociñado
20 min.
Total
25 min.
Racións
4
Ingredientes
- Un feixe de grelos frescos
- 1/2 litro de leite Leyma Natura
- 30 ml de nata para cocinar Leyma
- 1 cebola pequena
- 2 patacas medianas peladas e en anacos
- 1 allo porro (parte branca)
- 3 cucharadas de aceite de oliva
- Sal e pementa ao gusto
Preparación
- Cocemos os grelos limpos 10 minutos en auga cun chisco de bicarbonato para fixar a cor. Refrescamos en auga fría, escoamos e reservamos.
- Nunha pota, sofritimos a cebola e mais o allo porro no aceite de oliva. Cando estean transparentes,
- engadimos o leite e a nata para cociñar e deixamos cocer a lume moi baixo ata que as patacas estean feitas.
- Incorporamos os grelos e deixamos que coza todo 10 minutos máis.
- Pasamos polo pasapurés ou pola minipímer. Rectificamos de sal e pementa.