Cremoso de pexego

Cremoso de pexego

Cremoso de pexego

Unha sobremesa súper fácil de preparar, moi fresquiña e perfecta para personalizar cos ingredientes que máis che gusten. Especialmente pensado para todos os que toleades pola nata Leyma Natura 😉

Preparación
30 min.

Cociñado
0 min.

Total
30 min.

Racións
8

Ingredientes

  • 600 gr de pexego en almibre
  • 500 gr de queixo crema
  • 250 gr de azucre
  • 800 gr de nata especial para bater Leyma Natura
  • 100 ml de Leite fresco Leyma Natura
  • 1 chisco de esencia de vainilla

Preparación

  1. Partimos os pexegos en anacos moi pequeniños.
  2. Batemos a nata Leyma Natura, o leite, o azucre, o queixo e a esencia de vainilla ata obter unha mestura homoxénea e que teña a consistencia desexada, sobre 5 minutos, suave ao principio e despois aumentando a velocidade.
  3. Mesturamos coa froita e servimos decorando ao gusto.

As nosas suxerencias