Croquetas de berenxena

Croquetas de berenxena

Croquetas de berenxena

Hai algo mellor que as croquetas? Se pensas que sí, é que aínda non probaches estas 🤤  Unha receita do máis sinxela e saborosa, coa que cada bocado será un agasallo para o teu paladar 😉

Preparación
45 min.

Cociñado
15 min.

Total
60 min.

Racións
6

Ingredientes

  • 600 ml de leite Leyma
  • 70 gr de fariña
  • 20 gr de manteiga Leyma
  • Sal
  • Pementa negra
  • Noz moscada
  • 1 berenxena mediana
  • Media cebola
  • 2 ovos cocidos (opcional)
  • 2 ovos
  • 250 gr de pan relado

Preparación

  1. Empezamos pelando a berenxena e cortándoa en daditos.
  2. A continuación, cocinámola nunha sartén cun poco de aceite e sal. Ao cabo duns minutos, incorporamos a media cebola ben picada.
  3. Mentres se cociñan a lume lento, fervemos os dous ovos.
  4. Cando empecen a dourarse, engadimos a manteiga. Unha vez que se derrita, incorporámoslle a fariña. Deixamos que se toste un pouco a fariña e engadimos o leite pouco a pouco. É importante non deixar de remover mentres a engadimos.
  5. Engadímoslle un pouco de sal, pementa negra e noz moscada, e seguimos cociñando a lume moi baixiño ata que a masa despéguese das paredes.
  6. Unha vez feita, engadimos os dous ovos cocidos relados e mesturamos ben.
  7. Pasamos a masa a un prato, cubrímola con papel film e deixámola arrefriar.
  8. Unha vez arrefriada, preparamos dous pratos: un cos dous ovos batidos e outro co pan relado.
  9. Separamos pequenos trozos de masa y rebozamolos no pan relado, pasámolas ao ovo batido, escorrimos ben e rebozamos outra vez no pan relado.
  10. Unha vez preparadas, se queremos cociñalas no momento, é importante deixalas reposar uns 15 – 20 minutos; se non, metémolas no conxelador.
  11. Para fritilas, poñemos unha boa cantidade de aceite nunha tixola. Cando estea ben quente, engadimos as croquetas e deixamos que se fagan ata que estean bastante doradas. Ao sacalas, poñémolas nun prato con papel de cociña para que absorba o aceite.