
Croquetas de grelos
De grelos ou de calquera verdura de folla que teñas pola neveira, coma acelgas ou espinacas. É unha boa opción para que os nenos coman verdura e, ao levaren uns cachiños de xamón, vanlles gustar a todos. Podes substituír o xamón por un peixe branco non graxo ou por bacallau esmigallado.
Preparación
5 min.
Cociñado
30 min.
Total
35 min.
Racións
6
Ingredientes
- 1 cebola picada fina
- 1 feixe de grelos xa cocidos e picados
- 100 g de xamón picado
- 50 g de fariña
- 1/2 litro de leite Leyma Natura
- Aceite de oliva suave
- Sal, pementa e noz moscada ao gusto
- Ovo, fariña e pan relado para dar forma e rebozar
Preparación
- Nunha tixola sofritimos a cebola no aceite ata que estea transparente.
- Integramos el jamón picado.
- Engadimos a fariña e incorporamos ben o aceite.
- Coa axuda dunhas variñas imos agregando e mesturando ben o leite.
- Deixamos cocer 25 – 30 minutos, ata que a bechamel se despegue dos bordos da tixola.
- Engadimos os grelos e pasamos pola minipímer se preferimos que non se note a verdura.
- Deixamos arrefriar.
- Cando a masa estea ben fría, formamos as croquetas; pasámolas por fariña, ovo batido e pan relado e fritimos en abundante aceite.
- Tamén podemos conxelalas antes de fritilas para unha próxima ocasión.