Croquetas de grelos

Croquetas de grelos

De grelos ou de calquera verdura de folla que teñas pola neveira, coma acelgas ou espinacas. É unha boa opción para que os nenos coman verdura e, ao levaren uns cachiños de xamón, vanlles gustar a todos. Podes substituír o xamón por un peixe branco non graxo ou por bacallau esmigallado.

Preparación
5 min.

Cociñado
30 min.

Total
35 min.

Racións
6

Ingredientes

  • 1 cebola picada fina
  • 1 feixe de grelos xa cocidos e picados
  • 100 g de xamón picado
  • 50 g de fariña
  • 1/2 litro de leite Leyma Natura
  • Aceite de oliva suave
  • Sal, pementa e noz moscada ao gusto
  • Ovo, fariña e pan relado para dar forma e rebozar

Preparación

  1. Nunha tixola sofritimos a cebola no aceite ata que estea transparente.
  2. Integramos el jamón picado.
  3. Engadimos a fariña e incorporamos ben o aceite.
  4. Coa axuda dunhas variñas imos agregando e mesturando ben o leite.
  5. Deixamos cocer 25 – 30 minutos, ata que a bechamel se despegue dos bordos da tixola.
  6. Engadimos os grelos e pasamos pola minipímer se preferimos que non se note a verdura.
  7. Deixamos arrefriar.
  8. Cando a masa estea ben fría, formamos as croquetas; pasámolas por fariña, ovo batido e pan relado e fritimos en abundante aceite.
  9. Tamén podemos conxelalas antes de fritilas para unha próxima ocasión.

As nosas suxerencias