Croquetas de lacón e queixo tetilla Leyma Natura

Croquetas de lacón e queixo tetilla Leyma Natura

Unha receita para os máis exquisitos. Unha increíble explosión de sabores que vai convertilas nas túas croquetas preferidas. Os teus convidados repetirán 😉

 

Preparación
25 min.

Cociñado
60 min.

Total
85 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 300 gr. de lacón
  • 100 gr. de queixo tetilla Leyma Natura
  • 1 cebola
  • 2 culleres sopeiras de fariña
  • 250 gr. de leite enteiro Leyma Natura
  • Noz moscada
  • Aceite de oliva
  • Ovo batido
  • Pan relado

Preparación

  1. Cortamos o lacón en anaquiños moi pequeniños.
  2. Poñemos unha tixola ao lume cun pouco de aceite de oliva e cando estea quente engadimos un pouco de cebola ben picada.
  3. Cando a cebola empece a estar transparente incorporamos o lacón, un chisco de noz  moscada relada e as dúas culleradas de fariña.
  4. Deixamos que se cociñe a lume lento sen deixar de remover e imos engadindo aos poucos o leite ata conseguir unha mestura homoxénea e a consistencia desexada.
  5. Cando a mestura espese, engadimos o queixo tetilla Leyma Natura relado, mesturamos ben e esperamos a que arrefríe.
  6. Deixamos repousar na neveira durante unhas horas para que a bechamel quede consistente e  cremosiña, por exemplo, ata o día seguinte.
  7. Dividimos a masa en anacos e damos forma ás croquetas.
  8. Pasámolas por ovo batido e rebozamos en pan relado.
  9. Poñemos aceite a quentar, e cando estea ben quente empezamos a fritir. Ao ir retirando as croquetas, poñémolas sobre un papel absorbente para que chupe o aceite sobrante e listo. Só servir e comer!

As nosas suxerencias