Croquetas de roxóns

croquetas de roxóns

Croquetas de roxóns

A quen non lle gustan as croquetas? A receita de hoxe, fácil, deliciosa e pouco común, pero moi nosa, seguro que moitos de vós non a probastes. A que esperades? Mans á masa!

Preparación
60 min.

Cociñado
20 min.

Total
80 min.

Racións
3

Ingredientes

  • 300  gr de roxóns
  • 1 cebola
  • Fariña
  • Leite enteiro Leyma Natura
  • 1 ovo
  • Pan relado
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

Preparación

  1. Comezamos picando a cebola en anacos moi pequeniños.
  2. Desmenuzamos os roxóns.
  3. Sofreímos a cebola cun pouquiño de sal e agregamos os roxóns.
  4. Removemos ben ata conseguir unha mestura máis ou menos homoxénea.
  5. Engadimos a fariña e removemos ata que se integre, cociñamos durante uns minutos.
  6. Imos engadindo o leite aos poucos sen deixar de remover ata ir conseguindo a textura desexada, debe ser consistente para poder dar forma ás croquetas sen moita dificultade.
  7. Retiramos do lume e unha vez que arrefríe, imos dando forma ás croquetas.
  8. Rebozamos xenerosamente en ovo batido e pan relado.
  9. Unha vez terminadas todas as croquetas, poñemos aceite a quentar nunha tixola. Cando estea quente, comezamos a fritilas con coidado de non queimalas.

O máis difícil? Esperar a que arrefríen para comelas 😜

Se che apetece preparalas con antelación, podes conxelalas antes de fritilas!