Cunchas de pescada

Cunchas de pescada

Cunchas de pescada

Unha receita estupenda para as ocasións especiais. Perfecta para todos aqueles que din que non lles gusta o peixe 😉 Cunha marabillosa presentación, saudable e ese toque a manteiga Leyma Natura para lamber os dedos… Proba e verás!

Preparación
15 min.

Cociñado
30 min.

Total
45 min.

Racións
8

Ingredientes

  • 1 kg de pescada (en filetes por exemplo)
  • 100 gr de queixo relado
  • ½ l de leite entera Leyma Natura
  • 30 gr de manteiga tradicional Leyma Natura
  • 3 culleradas de fariña
  • 1 cebola
  • 8 cunchas de vieira (tamén valerían unhas cazoliñas de barro)
  • Aceite e sal

Preparación

  1. Esmigallamos a pescada.
  2. Sofritimos a cebola nun pouco de aceite de oliva.
  3. Cando estea transparente, botamos un pouco de manteiga Leyma Natura, a fariña e removemos ben para desfacer os grumos.
  4. Engadimos a pescada, o leite Leyma Natura e poñemos sal ao gusto.
  5. Deixamos cociñar a lume lento ata que a pescada estea no seu punto.
  6. Repartimos a mestura nas cunchas e cubrimos co queixo relado e un pouco de manteiga por riba.
  7. Metemos no forno só para gratinar e retiramos cando estean douradas.

Podemos desfrutalas como prato único, acompañalas dunha boa ensalada, patacas fritidas… Bo proveito 🤤

As nosas suxerencias