Empanada de xoubas

empanada de xoubas

Empanada de xoubas

Cheira que arrecende! Sabes que as xuntazas dos domingos prometen cando anda unha empanada polo medio 🤤🤤 Quixemos preparala co noso ingrediente especial… o leite Leyma Natura! O resultado non puido ser máis bo😋

Preparación
60 min.

Cociñado
40 min.

Total
100 min.

Racións
4

Ingredientes

Ingredientes masa:

  • 1 kg de fariña de trigo
  • Medio vaso de leite Leyma Natura
  • 20 gr de fermento
  • 1 vaso de auga
  • Sal

Ingredientes empanada:

  • 1 kg de xoubas
  • 2 cebolas
  • 1 tomate relado
  • Aceite
  • Pirixel
  • Pementón
  • Pemento vermello ao gusto
  • Sal

Preparación

  1. Preparar a masa: botar o fermento na auga co leite para logo verter sobre a fariña e o sal. Remexemos e traballamos a masa para logo deixala reposar durante 45 minutos.
  2. Preparar as xoubas: sacarlles a cabeza, cortarlles a cola e quitarlles a espiña.
  3. Preparar o recheo: nunha tixola con 4 culleradas de aceite, dourar a cebola ben picada. Cando esté branda, engadir o tomate e o pementón doce. Deixamos facer durante 5 minutos.
  4. Deixada reposar a masa, dividímola en dúas partes. Cunha parte forramos un molde redondo ben engraxado co aceite e poñemos sobre a masa a metade do refrito e as xoubas.
  5. Sobre as xoubas botamos a outra metade do refrito e colocamos por riba os pementos vermellos previamente fritidos co pirixel.
  6. Cubrimos coa outra parte da masa e facemos un pequeno borde arredor para evitar que salga o recheo ademais de facerlle tamén un oco no centro para que saia o vapor durante a cocción.
  7. Botámoslle un chisco de aceite de oliva por riba e introducimos no forno, previamente prequentado, a 200º durante uns 15-20 minutos. Logo habería que darlle a volta a empanada para deixala de novo no forno durante 20-25 minutos ata que a base esté dourada.
  8. Retirar do forno e deixar arrefriar ata servir.

As nosas suxerencias