Filloas de leite

Filloas de leite

Sen filloas non hai Entroido 🎭  Es dos que as fan, dos que as comen, ou de ambos? Anímate coa sobremesa por excelencia da época máis divertida do ano, é moi fácil e estamos seguros de que aínda que pode que sexa a primeira, non será a última vez que prepares estas deliciosas filloas de leite Leyma Natura 😏

Preparación
30 min.

Cociñado
75 min.

Total
105 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 500 ml de leite enteiro Leyma Natura
  • 3 ovos
  • 200 gr de fariña de trigo
  • 1 culler de azucre
  • Un chisco de sal
  • Manteiga Leyma Natura tradicional

Preparación

  1. Cascamos os ovos un a un nun recipiente e batemos.
  2. Engadimos o azucre, o sal, o leite Leyma Natura e a fariña e mesturamos todo ben coa batedora ata que non queden grumos.
  3. Deixamos repousar a masa durante 30 minutos no frigorífico.
  4. Untamos unha tixola antiadherente cun cubo de manteiga Leyma Natura e poñemos a quentar.
  5. Cando colla temperatura, vertemos a masa estendéndoa ben, movendo a tixola para que a filloa nos quede o máis fina posible.
  6. Cando as beiras comecen a despegarse e se vaian formando os característicos buratiños, dámoslle a volta cos dedos ou con axuda dunha espátula con coidado de non queimarnos.
  7. Deixamos que se faga polo outro lado e retiramos do lume.
  8. Unha vez estean todas, ven a mellor parte: gozalas co acompañamento que máis che guste! Azucre, mel, chocolate, crema pasteleira, nata, a túa marmelada favorita… hai infinidade de posibilidades! Bo entroido! 😋

As nosas suxerencias