Filloas recheas de verduras e queixo de Arzúa

Filloas recheas de verduras e queixo de Arzúa

Calquera receita elaborada co Queixo Arzúa-Ulloa D.O.P. de Leyma é un éxito asegurado, pero estas filloas recheas de verduras e queixo son palabras maiores… Fáciles de preparar, saudables e deliciosas. Non imaxinas o pouco que van durar estas no prato…

Preparación
60 min.

Cociñado
105 min.

Total
165 min.

Racións
4

Ingredientes

Para as filloas:

  • 400 ml de leite Leyma Natura
  • 100 ml de auga
  • 3 ovos
  • 200 gr de fariña de trigo
  • Un chisco de sal
  • Un anaco de touciño ou manteiga para untar a tixola

Para o recheo:

  • 300 gramos de espinacas frescas
  • 2 cebollas
  • 300 gramos de champiñones
  • 250 gramos de queso Leyma Arzúa-Ulloa D.O.P.
  • 100 ml de nata Leyma Natura

Preparación

Empezamos coas filloas:

  1. Mesturamos todos os ingredientes coa batedora e deixamos repousar a masa na neveira durante uns 45 minutos.
  2. Untamos a tixola co touciño ou a manteiga e cando colla temperatura vertemos unha cullerada da masa meneando a tixola para estendela.
  3. Unha vez estea callada, dámoslle a volta con moito coidado de non quedarnos.
  4. Repetimos ata terminar a masa.

Imos co recheo:

  1. Primeiro preparamos as verduras: picamos a cebola e os champiñóns.
  2. Poñemos a nata para quentar nun cazo e engadimos o queixo para que se funda, removemos ata que quede unha salsa homoxénea.
  3. Douramos a cebola na tixola cun chorrito de aceite de oliva, engadimos os champiñóns e salteamos.
  4. Agregamos as espinacas e salpimentamos ao gusto, cociñamos ata que non quede auga.
  5. Vertemos a salsa de queixo sobre as verduras e mesturamos.
  6. Enchemos as filloas e introducímolas no forno prequentado a 180º C durante 5-10 minutos para que se douren un pouquiño.