
Flan de castañas
Chega o outono e con el algún dos seus ingredientes estrela “as castañas”. Hoxe imos empregar este alimento e prepararemos unha deliciosa receita para os máis golosos. O outono fai acto de presenza tamén nas nosas mesas 😉
Preparación
15 min.
Cociñado
60 min.
Total
75 min.
Racións
8
Ingredientes
FLAN
750 ml leite enteira
250 g de castañas
5 ovos
200 g azúcre
CARAMELO
5 culler de azúcre
3 culler de auga
unhas gotas de limón
Preparación
PREPARACIÓN DO CARAMELO
1. Primeiro poñemos un cazo ao lume a temperatura media, cando estea algo quente engadimos o azucre e posteriormente a auga. Non removades ata que se aprecie que o azucre empeza a coller cor. Cando isto ocorra, mesturamos, se pode ser cunha culler de madeira e retiramos do lume. A calor que queda será suficiente para obter o caramelo. Só teremos que seguir removendo para ver como se forma aos poucos.
2. Engadimos unhas pingas de limón para darlle brillo e reservamos ata que estea tépedo, que será cando o vertamos sobre o molde.
IMOS COAS CASTAÑAS
1. Collemos as castañas, facémoslles un corte na base e escaldámolas durante 5 min nunha pota con auga fervendo. Retirámolas e deixámolas arrefriar un pouco.
2. Pelámolas (ao estar quentiñas a cortiza debería saír con relativa facilidade)
3. Unha vez peladas, poñemos o leite nun cazo e engadimos o azucre. Engadimos as castañas e cocémolo todo a lume medio-baixo durante 20 min. Debemos evitar que se forme demasiada nata na superficie do leite.
4. Unha vez as castañas estean cocidas e blandiñas, quitámolas e as trituramos coa batedora. Debe quedar unha crema líquida, que despois debemos deixar temperar.
E AGORA O FLAN
1. O flan farémolo ao “baño maría”. Enchemos de auga a bandexa do forno e prequentarémola a 200º C ata que ferva a auga.
2. Batemos os ovos nun bol, engadimos o azucre e mesturamos.
3. Engadimos a crema de castaña que fixemos anteriormente e volvemos mesturar. Se vemos que quedan moitos anacos de castaña, podemos darlle un pouco máis coa batedora.
4. Poñemos a mestura nos moldes xa co caramelo, tapamos con papel de aluminio e metémolo no forno, dentro da bandexa con auga.
5. Enfornamos 45-50 min a 180º C ata que este callado. Picamos cun coitelo e se sae limpo está listo.
6. Desmoldamos o flan con coidado e listo para comer!