Flan de laranxa

Flan de laranxa con nata Leyma

Flan de laranxa

Unha sobremesa ben fresquiña para rematar de xantar co mellor sabor de boca ou as merendas do verán! Este flan de laranxa con nata Leyma Natura, ademáis de fácil de preparar está boísimo! Anímaste?

Preparación
20 min.

Cociñado
40 min.

Total
60 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 4 ovos
  • 2 laranxas
  • 60 g de azucre
  • 400 ml de nata para montar Leyma Natura

Para o caramelo:

  • 100 gr de azucre
  • 100 ml de auga
  • 1 chisco de zume de limón

Preparación

  1. Preparamos o caramelo e o vertemos no molde que elixísemos para o flan (ou moldes se optamos por racións individuais).
  2. Facemos un zume coas dúas laranxas.
  3. Batemos todos os ingredientes do flan coa batedora durante uns minutos ata obter unha mestura homoxénea.
  4. Prequentamos o forno a 200º con calor arriba e abaixo.
  5. Vertemos a masa no molde e introducímolo ao baño maría no forno (sobre unha bandexa con auga ata a metade dos moldes).
  6. Enfornamos durante uns 40 minutos aproximadamente (dependendo do forno, imos picando o centro cun escarvadentes para comprobar que están listos)
  7. Retiramos, deixamos arrefriar e… á neveira! Ben fresquitos é como máis se gozan 😊