Iogur caseiro sen lactosa con avea, arandos e framboesas

iogur caseiro sen lactosa

Iogur caseiro sen lactosa con avea, arandos e framboesas

A partir do leite sen lactosa Leyma Natura imos facer un iogur caseiro moi saboroso. Servirémolo con avea, arandos e framboesas. Unha receita ideal tanto para o almorzo como para a merenda. Se non es intolerante, podes cambiar o leite sen lactosa polo leite fresco de Leyma Natura.

Preparación
15 min.

Cociñado
0 min.

Total
15 min.

Racións
2

Ingredientes

  • Medio vaso de flocos de avea
  • 1 cápsula de prebiótico en po
  • Medio vaso de zume de limón
  • 2 vasos do leite sen lactosa Leyma Natura
  • 30 gramos de framboesas frescas
  • 30 gramos de arandos
  • 1 culleradiña de crema de améndoas cruda

Preparación

  1. A noite anterior mesturamos dous tercios dos flocos de avea co leite sen lactosa Leyma Natura e deixámolo a remollo xunto coa cápsula do prebiótico.
  2. Ao día seguinte, batemos a mestura engadindo o zume de limón e a crema de améndoas.
  3. Servimos nunha cunca e decoramos por enriba as framboesas, os arandos e os flocos de avea restantes.

As nosas suxerencias