
Iogur da casa con mel e froitos secos
O iogur é unha sobremesa lixeira, fresca e saudable. Ademais de achegar calcio, proteínas de alto valor biolóxico, vitaminas e bacterias “boas”, contribúe de forma significativa a mellorar a túa saúde: regula o tránsito intestinal, facilita a dixestión, reforza o sistema inmunitario… Probaches a facelo na casa e con leite fresco Leyma Natura? Anímate! A preparación é moi sinxela e só necesitarás 3 ingredientes.
Preparación
20 min.
Cociñado
600 min.
Total
620 min.
Racións
9
Ingredientes
- 1 l leite fresco Leyma Natura
- 1 iogur natural
- 50 g leite en po
Preparación
- Quentamos o leite ata que estea morno e retirámolo do lume.
- Incorporamos o leite en po ata que se integre e a continuación botamos o iogur, volvendo mesturar ata obter unha mestura homoxénea.
- Quentamos novamente se é necesario ata acadar a temperatura desexada (aproximadamente 40º C).
- Introducimos nun recipiente con tapa e levamos ao forno prequentado para poder mantelo a esa temperatura sobre unhas 8 horas.
- Unha vez que arrefrie, metémolo no frigorífico para deter a fermentación e poder tomalo ben fresquiño.
- Poñemos mel ao gusto no fondo dos recipientes nos que vaiamos servilo, engadimos o iogur e coroamos cos nosos froitos secos favoritos. Delicioso!