Lasaña de lacón con grelos

Lasaña de lacón con grelos

Fusionamos o clásico prato da cociña italina co mellor da nosa gastronomía… e o resultado non puido ser mellor. O noso consello é deixar arrefriar un pouco a lasaña de lacón e grelos para que sexa sinxelo cortala e non se desfaga. Queres un pouquiño? 😋😋

 

Preparación
30 min.

Cociñado
20 min.

Total
50 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 500 gr de lacón cocido
  • 500 gr de grelos
  • 50 gr de queixo tetilla D.O.P Leyma Natura
  • 100 gr de fariña de trigo
  • 1 cebola
  • 300 gr de tomate triturado natural
  • 1 paquetiño de placas de lasaña precocidas
  • 0,75 l de leite fresco Leyma Natura (para a bechamel)
  • 40 gr de manteiga Leyma Natura (para a bechamel)
  • 40 gr de fariña de trigo (para a bechamel)
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Pementa branca
  • Sal

Preparación

  1. Picar a cebola e escalfala nunha tixola con aceite. Engadirlle o lacón e os grelos tamén picadiños e deixalos cinco minutos a lume medio. Botar o tomate triturado, salpementar e deixar outros 10 minutos.
  2. Nunha pota fervendo con auga e sal engadir as placas de lasaña e deixalas ferver uns dez minutos. Logo escorrer e poñelas separadas unhas das outras nun paño.
  3. Por outra parte, imos preparando a bechamel derretindo a manteiga nunha tixola e unha vez derretida, engadir a fariña, o leite pouco a pouco e remexendo sen parar ata espesar e salpementar.
  4. Prequencer o forno a 200º con calor arriba e abaixo. Imos untando unha fonte de forno con un pouco de manteiga e botar un par de culleradas de bechamel no fondo e unha base de placas de lasaña. Enriba poñer unha capa do noso preparado e outra capa de bechamel. Así sucesivamente ata rematar cunha capa de bechamel.
  5. Relar o queixo e botalo como capa final.
  6. Meter a fonte no forno durante 20 minutos a 200ºC e nos últimos cinco minutos activar a opción de “Grill ou gratinado” para lograr fundir o queixo.
  7. E xa lista para servir. Como recomendación, deixala arrefriar para poder cortala sen desfacela. E a disfrutala!