
Leite frito Leyma Natura
Publicado o 11 Abr 2022
en Postres
Unha sobremesa que sempre arrasa… morno, frío, só, acompañado coa túa marmelada favorita… O leite frito, xunto coas torradas (que tamén atoparás na nosa web), é o rei da Semana Santa. Anímaste a preparalo?
Preparación
20 min.
Cociñado
30 min.
Total
50 min.
Racións
4
Ingredientes
Preparación
- Reservamos un tercio do leite Leyma Natura nunha cunca e o resto poñémolo ao lume coa pel de limón e a canela ata que ferva. Retiramos e deixamos entibiar.
- O leite da cunca mesturámolo co azucre e as duás xemas de ovo e batemos con baleas, engadimos a maicena e removemos ben ata que quede todo ben disolto.
- Retiramos a pel do limón e a rama de canela da pota e incorporamos a mestura coas xemas e a maicena, removemos ven ata obter unha mestura homoxénea.
- Poñemos nun cazo a lume medio baixo ata que espese sen deixar de remover para que non se pegue.
- Unha vez listo, botámolo nun molde previamente untado con manteiga Leyma Natura. Alisamos ben e cubrimos con filme transparente. Deixamos entibiar a temperatura ambiente e unha vez frío reservamos na neveira durante un mínimo de 6 horas, moito mellor se o deixamos dun día para outro.
- Unha vez a masa repousase, despegámola das paredes do molde e cortamos en 8 porcións.
- Pasamos cada porción primeiro pola maicena e despois polo ovo batido e fritimos en abundante aceite quente.
- Unha vez fritas, colocámolas sobre papel de cociña para eliminar o exceso de aceite.
- E co leite frito aínda quente, rebozamos cada porción nunha mestura de azucre e canela. Listo para desfrutar!600 ml de leche