Lenguado ao forno con langostinos

Lenguado ao forno con langostinos

Rico, rico, rico! Hoxe traémosche un prato tan fácil coma orixinal co que seguro que tanto os máis peques coma os maiores vanse chupar os dedos 😉

Preparación
30 min.

Cociñado
10 min.

Total
40 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 4 lenguados de ración
  • ¼ l. de leite entera Leyma
  • 8 langostinos
  • 1 sobre de queixo relado
  • 50 gr. de manteiga Leyma
  • 1 culler de fariña
  • 1 folla de loureiro
  • Fariña
  • Aceite
  • Sal
  • Noz moscada
  • Pementa

Preparación

  1. Cocemos os langostinos en auga con sal e loureiro. Cando estean listos, pelámolos e reservamos para despois.
  2. Salamos os lenguados, rebozámolos en fariña e freímolos co aceite quente. Poñémolos nunha fonte de forno cos langostinos.
  3. Nunha tixola, facemos unha bechamel coa fariña, o leite e a manteiga. Para iso, agardamos a que a tixola estea quente e botamos a manteiga. Cando comece a derreterse, engadimos a fariña y batemos ben. A continuación, e sen deixar de bater, imos vertendo o leite pouco a pouco ata que adquira certa espesura. Unha vez feita, sazonamos co sal, a pementa e a noz moscada.
  4. Botamos a bechamel sobre o lenguado e langostinos, cubrimos co queixo relado e poñémolo no forno a gratinar ata que a superficie esté douradiña.
  5. Podes acompañalo co que máis che guste: patacas fritas, ensalada…