Lombo en salsa de améndoas

Lombo con salsa de améndoas

Lombo en salsa de améndoas

O lombo é unha parte do porco moi saborosa, aínda que non a máis tenra. Por iso faremos unha receita con salsa, neste caso de améndoas, para que case se desfaga na boca 🤤

Preparación
10 min.

Cociñado
35 min.

Total
45 min.

Racións
4

Ingredientes

  • ½ kg de lombo en filetes ou enteiro
  • 1 cebola
  • 50 gr. de améndoas cruas
  • 50 gr. de fariña de trigo
  • 1 vaso pequeño de caldo de carne
  • 200 ml. de nata para cociñar Leyma Natura
  • 1 folla de loureiro
  • 2 dentes de allo
  • 1 chorro de aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa

Preparación

  1. Nunha tixola a lume lento, botamos un pouco de aceite e engadimos as améndoas cruas e os dentes de allo e salteamos. Se se doran antes os allos hai que separalos. Cando as améndoas estean douradas, sacámolas e as pasámolas a un morteiro ou bol para triturar cos allos.
  2. Nun prato poñemos un pouco de fariña. Salpementámos o lombo, rebozámolo na fariña polos dous lados e axitamos ben para que caia a fariña sobrante
  3. Na mesma tixola que usamos previamente para as améndoas, botamos más aceite e douramos o lombo, volta e volta. O sacamos e reservamos.
  4. De novo na mesma tixola, sofreímos a cebola e cando colla color botamos a folla de loureiro. Cando estea ben feita, engadimos un vaso de caldo de carne e a nata. Removemos todo e o deixamos cociñar uns minutos. Se está moi densa, engadimos más nata ou caldo
  5. Sacamos a folla de loureiro e engadimos todo ó morteiro ou bol cas améndoas e os allos. Trituramos todo ata que quede unha crema fina.
  6. Botamos esta crema a una pota e engadimos o lombo. Salpementamos, deixamos cociñar uns minutiños e xa está listo para servir.
  7. Podémolo acompañar con patacas fritas ou uns champiñóns rebozados.

As nosas suxerencias