
Madalenas de arandos
Ideais para calquera momento do día: almorzo, comida, sobremesa… E o mellor de todo? Que son tan deliciosas como fáciles de facer!
Ademais, podes darlle o teu toque personal cambiando os arandos pola froita que máis che guste, o resultado será o mesmo: conquistarás a calquera 😍
Preparación
20 min.
Cociñado
15 min.
Total
35 min.
Racións
18
Ingredientes
- 4 ovos
- 150 gr de azucre
- 60 ml de leite Leyma Natura
- 60 ml de aceite
- 100 gr de manteiga tradicional Leyma Natura
- 250 gr de fariña
- 10 gr de fermento químico
- Reladura dun limón
- 120 gr de arandos
Preparación
- Nun bol, poñemos os ovos e o azucre e mesturamos ben ata que dupliquen o seu volume.
- A continuación, incorporamos o leite, o aceite, a manteiga derretida e a ralladura do limón, e volvemos a bater.
- Nun recipiente aparte, mesturamos a fariña co fermento químico, tamizamola e imos engadíndoa pouco a pouco á mestura.
- Unha vez que a fariña está integrada, engadimos os arandos e os repartimos ben por toda a masa.
- Cubrimos o recipiente e deixamos a masa reposar unha hora na neveira para que se asente ben.
- Antes de verter a masa na bandexa, prequentamos o forno a 220º C con calor arriba e abaixo.
- Colocamos a masa nas cápsulas e poñemos a bandexa na parte baixa do forno.
- Enfornamos os primeiros 5 minutos a 220º C e os seguintes 10 a 200º C.