Mexillóns recheos

Mexillóns recheos

Hoxe traémosvos un aperitivo exquisito para estas festas. Fríos ou quentes son igual de saborosos. Unha receita que sempre triunfa! 😍

Preparación
10 min.

Cociñado
35 min.

Total
45 min.

Racións
2

Ingredientes

 

  • ½ kg de mexillóns
  • 200 gr de langostinos
  • 1 dente de allo
  • ½ cebola
  • 1 ovo cocido e un cru para rebozar
  • ½ vaso de viño branco
  • 1 folla de loureiro
  • 400 ml de leite enteiro Leyma Natura
  • 3 culleradas de fariña e un pouco máis para o rebozado
  • Pan relado

Preparación

  1. Primeiro de todo, debemos limpar ben os mexillóns.
  2. Unha vez limpos, poñémolos a cocer nunha pota coa folla de loureiro e o viño branco ata que abra.
  3. Coamos a auga e reservamos xunto aos mexillóns, que partiremos en anacos moi pequeniños.
  4. Imos co recheo! Collemos a cebola, picámola e sofritímola co allo e un chisquiño de aceite de oliva nunha tixola.
  5. Picamos os langostinos e o ovo cocido e engadímolos ao sofrito. Cociñamos uns minutos e incorporamos os mexillóns.
  6. Engadimos a fariña e remexemos para que se integre.
  7. Botamos medio vaso da auga que reservamos da cocción dos mexillóns para dar máis sabor.
  8. Continuamos remexendo e imos engadindo o leite aos poucos ata conseguir o espesor que precisamos. Saberemos que a bechamel está lista cando ao collela coa culler caia en flocos.
  9. Cando estea templadiña a mestura enchemos cada cuncha de mexillón.
  10. Empanamos os mexillóns: primeiro coa fariña, logo co ovo batido e finalmente co pan relado. Fritimos con coidado de non desfacelos e listo! 😋

As nosas suxerencias