Pan de leite

Pan de leite

Xa sabedes o que nos gustan os almorzos, sobre todo eses que nos aportan a enerxía para empezalo día con todas as ganas.

Por iso, hoxe traémosvos unha receita tan sinxela coma saborosa para que a disfrutedes como máis vos guste: soa, con chocolate, con marmelada…

Preparación
135 min.

Cociñado
15 min.

Total
150 min.

Racións
12

Ingredientes

  • 125 ml. de leite enteiro Leyma Natura
  • 25 gr. de manteiga Leyma Natura
  • 50 gr. de azucre
  • 300 gr. de fariña
  • 1 ovo grande
  • 1 culleradiña de vainilla líquida
  • 15 gr. de fermento fresco
  • Unha pizquiña de sal

Preparación

  1. Nun bol, vertemos o leite, o azucre, a manteiga, o ovo, a vainilla, o sal e o fermento e mesturamos todo moi ben.
  2. Imos botando a fariña ós poucos e cas mans imos amasando todo, uns dez minutos aproximadamente, ata que teñamos una masa lisa e sen grumos.
  3. Pasámola a un bol e a deixamos repousar 90 minutos.
  4. Cando xa suba de volumen, enfariñamos a superficie na que imos traballar e a poñemos a masa sobre ela. Amasamos outro pouco para sácalo aire e formamos una bola. Estiramos cun rolo ata que a masa teña un centímetro de espesor.
  5. Cortamos porcións da masa da masa en forma oval ou rectangular, como máis nos guste, e lles facemos 3 cortes.
  6. Pasamos as porcións a unha bandexa cuberta con papel de forno, cubrímolas cun pano e deixámolas reposar 25 minutos.
  7. Prequentamos o forno a 180º e forneamos durante 10 minutos. Apagamos o forno e deixámolos reposar durante 5 minutos.