Pescada á manteiga

Pescada á manteiga Leyma Natura

Pescada á manteiga

Quen dixo que o peixe era aburrido? Cando o produto é bo, e aquí en Galicia sabemos moito diso, non fai falta complicarse na cociña e precisamente por iso hoxe traémosvos unha receita que vos sorprenderá pola súa sinxeleza e o boísima que está. Quen se anima coa nosa pescada á manteiga? 🤤

Preparación
20 min.

Cociñado
10 min.

Total
30 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 8 lombos de pescada (ou toros, o que máis vos guste)
  • 3 dentes de allo
  • 1 limón espremido
  • Perexil
  • 115  g manteiga Leyma Natura
  • Sal
  • Pementa

Preparación

  1. Vertemos a metade da manteiga Leyma Natura nunha tixola quente e sofritimos nela os dentes de allo ben picadiños.
  2. Retiramos o allo e reservamos.
  3. Engadimos o resto de manteiga e as pezas de pescada salpimentadas. Cociñamos durante 5 minutos a lume medio.
  4. Incorporamos o allo, o zume de limón e o perexil.
  5. Removemos ben a salsa para integrar todos os ingredientes, tapamos, apagamos o lume e deixamos repousar 5 minutos.
  6. Listo para servir coa túa guarnición favorita! A nosa suxerencia? Uns espárragos verdes á prancha! 😋

As nosas suxerencias