
Pizza de lacón con grelos e queixo Leyma D.O. Arzúa-Ulloa
Publicado o 09 Feb 2022
en Pratos do día a día
Quen é capaz de dicirlle que non a unha pizza? 🤤 Nós nin de broma 😅 E menos aínda á que vos traemos hoxe, cos mellores produtos da terra e demáis… de tempada! 🍕 Proba a facer a nosa pizza de lacón con grelos e queixo D.Ou. Arzúa-Ulloa Leyma Natura e cóntasnos 😏
Preparación
90 min.
Cociñado
25 min.
Total
115 min.
Racións
3
Ingredientes
Para a masa:
- 250 g de fariña de trigo
- 5,5 g de fermento seco de panadeiro
- 1 culleradiña de sal
- 10 ml de aceite de oliva virxe extra
- 160 ml de auga tépeda
Para o recheo:
- 300 g de grelos cocidos
- 125 g de lacón cocido
- 100 g de salsa de tomate (mellor feita na casa)
- 300 g Queixo Leyma Natura D.O. Arzúa-Ulloa
Preparación
- Mesturamos a fariña co fermento seco nun recipiente.
- Agregamos o resto dos ingredientes da masa e amasamos ata obter a textura desexada.
- Deixamos levedar ata que duplique de tamaño e estendemos sobre a bandexa con papel de forno.
- Enfornamos a 180º durante 3-4 minutos. Retiramos e reservamos.
- Escaldamos os grelos e escorrémolos ben.
- Picamos o lacón en anacos pequeniños.
- Estendemos a salsa de tomate sobre a masa e repartimos o queixo Leyma Natura, os grelos e o lacón por toda a superficie.
- Enfornamos a 180º durante 20 minutos.
- E lista para gozar!