Polbo á grella con parmentier de pataca

polbo á prancha con parmentier de pataca

Polbo á grella con parmentier de pataca

O polbo é un dos pratos máis populares da nosa cociña. Mais que sería del sen as patacas? Para ocasións especiais, quixemos facer unha receita máis elaborada como é o polbo á prancha con parmentier de pataca coa nata e a manteiga de Leyma Natura. Un dos mellores manxares sen dúbida!

 

 

Preparación
10 min.

Cociñado
75 min.

Total
85 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 1 polbo ou 4 patas de polbo cocidas
  • 3 patacas (800 gramos)
  • 80 gramos de manteiga Leyma Natura
  • 200 ml de nata Leyma Natura
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Noz moscada
  • Pemento doce ou picante
  • Pirixel

Preparación

  1. Quencer auga nunha pota, engadir as patacas e cocelas durante 35 minutos.
  2. Nun bol esmagar as patacas cortadas en anacos coa manteiga de Leyma Natura para logo verter a nata de Leyma Natura e a noz moscada relada mesturando todo ben.
  3. Noutra pota quencer a auga e cando ferva mergullar o polbo tres veces para logo deixalo dentro cocendo durante 40-45 minutos.
  4. Unha vez retirado do lume, deixamos que o polbo se temple para despois dourar nunha tixola cun pouco de aceite os catro tentáculos cortados.
  5. Servir en cada prato o parmentier cun tentáculo do polbo. Empoar co pemento (doce ou picante ao gusto) e adornar cunhas follas de pirixel.