Polo con salsa lixeira de champiñóns

Polo con salsa lixeira de champiñóns

Unha receita que o ten todo, perfecta para incorporar aos teus pratos de diario: lixeira, económica, saudable e moi, moi fácil de preparar. Anota este polo con salsa lixeira de champiñóns! 🤗

Preparación
20 min.

Cociñado
20 min.

Total
40 min.

Racións
2

Ingredientes

  • 1 peituga de polo
  • 250 ml de leite Leyma Natura semidesnatada
  • 35 gr de queixo de untar baixo en graxa
  • 1 cebola
  • 3 dentes de allo
  • 400 gr de champiñóns
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa

Preparación

  1. Partimos o polo en dados ou tiras.
  2. Lavamos ben os champiñóns e toceámolos ao gusto.
  3. Picamos moi pequeniño os dentes de allo e a cebola.
  4. Vertemos un chico de aceite de oliva na tixola, douramos o polo e reservamos.
  5. Nesa mesma tixola, sofritimos o allo e a cebola durante uns minutos.
  6. Engadimos os champiñóns e salteamos ata que queden ben douradiños.
  7. Cando estean listos, incorporamos o polo e condimentamos con sal e pementa, removendo ben para integrar perfectamente todos os sabores.
  8. Nun cazo quentamos o leite xunto co queixo crema e imos mesturando ata obter a textura de salsa que queremos, engadindo máis leite se nos gusta máis líquida ou máis queixo se a queremos máis espesa.
  9. Por último, vertemos a salsa sobre o polo cos champiñóns, removemos para mesturar ben e listo para servir, por exemplo, acompañado cun pouco de arroz.