
Polos de amorodo
Como nos gustan as sobremesas do verán! Fresquiñas, saborosas… que máis se pode pedir? Proba a facer estes polos de amorodo con leite Leyma Natura. E o mellor de todo… a receita non pode ser máis sinxela, tan só necesitarás dous ingredientes. Xa nos contas que tal!
Preparación
5 min.
Cociñado
240 min.
Total
245 min.
Racións
4
Ingredientes
- 300 gr de amorodos
- 150 ml de leite Leyma Natura
Preparación
- Preparar os amorodos: lavalos, escurrilos e cortar a parte verde.
- Bater o Leite Leyma Natura cos amorodos ata obter unha mestura homoxénea.
- Poñer o preparado nun molde de polos e deixar xeando durante 4 horas. Doados de facer, non? 😊