
Polos de melón
Publicado o 25 Ago 2021
en Postres
Refrescantes e saudables para unha merenda de verán. Un postre moi lixeiro e perfecto para a hidratación. Só necesitas ter uns moldes, paus de madeira e elexir a túa froita favorita. Nós escollemos o melón 😋. Vai facendo un oco no teu conxelador.
Preparación
15 min.
Cociñado
300 min.
Total
315 min.
Racións
4
Ingredientes
- 250 mililitros de leite Leyma Natura
- 100 gramos de azucre de coco
- 1 melón
- 1 cullerada de zume de limón
Preparación
- Poñemos o leite e o azucre nunha pota a lume medio e cociñamos ata que o azucre se disolva. Reservamos ata que estea a temperatura ambiente.
- Cortamos o melón en anacos e engadímolo a un vaso de batidora co xarope que fixemos previamente.
- Engadimos o zume de limón, trituramos ata obter unha mestura homoxénea e sen grumos, enchemos os moldes de xeado e tapámolos.
- Conxelamos durante cinco horas, aínda que sería mellor dun día para outro.
- Para desmoldalo, poñer o molde rapidamente baixo un chorro de auga quente para que salga máis fácil.