Profiterois de nata

Profiterois de nata

Pequenos bocados para que poidas gozar desta receita con moderación… aínda que xa che adiantamos que non vai ser doado! 😅 Como están estos profiterois! 🤤🤤🤤 Frescos, lixeiros e moi viciosos. Anota este receitón!

Preparación
60 min.

Cociñado
30 min.

Total
90 min.

Racións
6

Ingredientes

  • 110 gr de fariña
  • 85 gr de manteiga Leyma Natura
  • 2 culleradas de azucre en pó
  • 4 ovos pequenos
  • 225 ml de auga
  • 4 gr de sal
  • 500 ml nata para montar Leyma Natura
  • 5 culleradiñas de azucre en pó
  • Azucre en pó para espolvorear (opcional)

Preparación

  1. Nun cazo, quentamos ata que ferva a auga coa manteiga, o azucre e o sal. Baixamos o lume ata que a manteiga comece a derreterse.
  2. Apartamos o cazo do lume, engadimos a fariña e batemos ata que estea integrada. Despois volvemos poñer o cazo ao lume e continuamos removendo ata que nos quede unha masa seca que se despegue das paredes.
  3. Retiramos do lume, facemos un oco no medio da masa e engadimos un ovo. É importante non engadir o seguinte ovo ata que o anterior estea ben integrado.
  4. Buscamos que nos quede unha masa espesa e que cando a cortemos non se derrame, polo tanto, se xa obtivemos esta textura cos tres primeiros ovos, non sería necesario engadir o derradeiro.
  5. Prequentamos o forno a 200º C.
  6. Pasamos a masa a unha manga pasteleira e facemos pequenas porcións sobre a bandexa cuberta con papel de forno. É importante deixar separación entre as porcións dado que a masa adoita crecer bastante no forno.
  7. Enfornamos durante 20 minutos a 200º C. Unha vez dentro, tapamos os profiterois con papel de aluminio para que non se torren demasiado.
  8. Cando pasen os 20 minutos, retirámolos do forno e deixamos arrefriar totalmente antes de engadirlles a nata.
  9. Mentres tanto, preparamos a nata batida co azucre. É recomendable meter tanto a nata como as baleas e o recipiente no que se vai bater no conxelador 15 minutos antes de utilizalos.
  10. Vertemos a nata no bol e comezamos a bater, aumentando progresivamente a velocidade. Despois dun par de minutos, imos engadindo o azucre moi pouco a pouco e continuamos batendo ata que adquira a consistencia necesaria.
  11. Finalmente, cortamos os profiterois pola metade, sen chegar a cortalos de todo, e engadimos a nata batida. Podemos decoralos empoando azucre por riba.

As nosas suxerencias