
Puré de verduras
Publicado o 06 Abr 2020
en Pratos do día a día
Un prato fácil, rápido, moi nutritivo e que resolve as ceas ou o primeiro prato de calquera comida. Nos substituímos a pataca por unha presa de arroz integral; a textura é semellante e é unha forma moi sinxela de incorporar cereais completos a unha dieta saudable.
Preparación
10 min.
Cociñado
20 min.
Total
30 min.
Racións
4
Ingredientes
- 1 dente de allo
- 1 cebola
- 1 allo porro
- 4 cenorias medianas
- 1 cabaciña
- 1 feixe de espinacas
- 30 g de arroz integral (ou normal ou 1 pataca)
- 50 ml de nata para cociñar Leyma Natura
- auga
Preparación
- Lava e corta en anacos todas as verduras.
- Nunha pota con aceite de oliva, sofrite a cebola, o allo e o allo porro ata quedaren transparentes.
- Engade as cenorias e deixa refogar 5 minutos máis.
- Engade a cabaciña e mais as espinacas. Cobre con auga e incorpora o arroz.
- Deixa cocer 20 minutos. Engade a nata e tritura cunha minipímer ou un pasapurés.