Quiche de brócoli, polo e tomates

Quiche de brócoli, polo e tomates

Apeteceche algo diferente e cheo de sabor? Esta receta é perfecta, nós vos enseñamos a facela cuns ingredientes, pero o mellor é que podedes facelo co que queirades dándolle o voso toque persoal e adaptandoo ao que máis vos apeteza.

Preparación
20 min.

Cociñado
50 min.

Total
70 min.

Racións
4

Ingredientes

– Masa brisa (pode ser feita a man, pero neste caso usaremos unha das preparadas do supermercado)
– 2 peitugas de polo desmenuzado
– Un brócoli
– 3 ovos
– 200 ml nata Leyma Natura para cociñar
– 5/6 tiras de bacon
– Queixo Leyma Natura á túa elección

Preparación

1. Poñemos auga a ferver nunha pota e cando estea en ebulición agregamos o brócoli, que cociñaremos durante 10 minutos. Pasado ese tempo, aínda non estará listo de todo, pero non vos preocupedes porque terminará de facerse logo no forno.

2. Sacamos o brócoli e poñémolo sobre un colador, vertemos auga fría por encima e deixámolo escorrer.

3. Nunha tixola cociñamos o bacon troceadiño, para que se faga antes. Engadimos o polo desmenuzado e o salteamos co bacon.

4. Nun recipiente batemos os ovos cun chisco de sal. Agregamos a nata, o brócoli, o queixo elixido previamente relado e a mestura de polo e bacon.

5. Estendemos a masa nunha fonte para forno que teña un pouco de profundidade, para que ao botar o recheo non se nos bote nada por fora. Introducimos no forno durante uns 5-7 minutos a 150º. Retiramos e vertemos a mestura sobre a base, coroando cun pouco de queixo.

6. Metémolo de novo ao forno ata que se doure e calle. (Podemos comprobalo picando cun garfo).

E xa só queda o mellor… degustalo ;)

As nosas suxerencias