Roliños de espinacas e queixo

roliños de espinacas e queixo leyma natura

Roliños de espinacas e queixo

Para eses días nos que queres sorprender pero non se che ocorre nada… Deliciosos roliños de espinacas e queixo de tetilla Leyma Natura! O aperitivo perfecto e diferente para saír do paso co que triunfarás seguro.

 

Preparación
5 min.

Cociñado
15 min.

Total
20 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 4 tortillas de trigo
  • 150 gramos de espinacas
  • 100 gramos de queixo de tetilla Leyma Natura
  • 1 dente de allo
  • 150 ml de auga
  • Aceite de oliva
  • Un chisco de sal
  • Un chisco de pementa negra

Preparación

  1. Bater as espinacas coa agua e triturar. Nunha tixola quente cun pouco de aceite de oliva sofritir o allo picado moi finamente sen que se queime.
  2. Añadir á tixola as espinacas deixando que reduza o seu volume e saltealas a lume medio.
  3. Incorporar á tixola o queixo Leyma Natura e as especias removendo ben. Quentar noutra sartén as tortillas para doralas.
  4. Reencher as tortillas coa masa das espinacas… e a xantar!

As nosas suxerencias