Croquetas de xamón e empanadillas de queixo

Que seria da fin de semana sen os aperitivos? Quixemos facer co leite enteiro de Leyma Natura unhas receitas moi saborosas como son as croquetas de xamón e as empanadillas de queixo tamén de Leyma Natura! Están para lamber os dedos!

Tempo de preparación (minutos): 10
Tempo de cociñado (minutos): 75
Racións: 4

Ingredientes

Para as croquetas de xamón:

  • 50 gramos de fariña de trigo
  • 500 ml do leite enteiro Leyma Natura
  • 1 cebola pequena
  • 60 gramos de xamón serrano
  • 75 gramos do queixo de tetilla Leyma Natura
  • Pan relado
  • 1 ovo batido
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa
  • Noz moscada

Para as empanadillas de queixo de tetilla Leyma Natura:

  • 100 ml do leite enteiro Leyma Natura
  • 100 ml de aceite de oliva virxe extra
  • 300 gramos de fariña
  • Sal
  • 2 ovos cocidos
  • Unhas poucas aceitunas verdes cortadas en anacos
  • 180 gramos de queixo de tetilla Leyma Natura
  • Salsa de tomate, mellor se é caseira

Preparación

Preparación das croquetas de xamón:

  1. Nun bol apto para microondas poñemos o aceite de oliva coa cebola picadiña e o sal mesturados. Quentámolo todo a 3 minutos a 800 W sen tapar. Despois, engadimos a fariña e mesturalo todo ben e quentar de novo durante dous minutos a 800 W para logo sacar e engadir o leite salpementado ao gusto quentando de novo en dous tandas de tres minutos a 800 W. E xa teremos a nosa bechamel! No caso de que queden grumos, triturar para eliminalos. Agora xa podemos engadir o sal, o xamón ben picadiño e o queixo de tetilla Leyma Natura relao. Mesturamos e quentamos de novo cinco minutos a 800 W.
  2. Deixamos arrefriar a masa e cando xa estea fría, podemos poñernos mans á obra coa forma das croquetas. Teremos que pasalas polo pan relado e o ovo batido.
  3. Chegou o momento de fritir as nosas croquetas e listo. Moi doadas de facer!

Preparación das empanadillas de queixo:

  1. Para a masa das empanadillas: poñemos nunha cunca 100 ml de leite, 100 ml de aceite e mesturámolos co sal e engadimos a fariña mesturando todo ben coa batedora ata que quede unha mestura homoxénea. Envolvemos o preparado nun plástico e deixámolo reposar durante unha hora.
  2. Para o recheo: mesturamos nunha cunca os ovos cocidos, as aceitunas e o queixo de tetilla previamente relado. Por último, engadimos o tomate mesturando todo ben.
  3. Toca montar! Estiramos a masa cortándoa en círculos, engadindo o recheo e facendo a forma de empanadilla apretando os bordes co garfo.
  4. Unha vez que as teñamos fritimolas na tixola con ben de aceite a lume medio-alto ata que estean douradiñas. Logo sacámolas e poñémolas nun papel absorbente e xa listas para emplatar e desfrutar!