
Rosquillas de Entroido
Que este ano sexa diferente non significa que teñamos que perder as nosas tradicións. Por iso, desde Leyma traémoste esta espectacular e sinxela receita de rosquillas de anís caseiras para facer cos peques da casa e que poidan seguir sendo os protagonistas do entroido 🎉
Preparación
60 min.
Cociñado
10 min.
Total
70 min.
Racións
4
Ingredientes
- 2 ovos
- 700 gr de fariña de repostería
- 200 gr de azucre
- 250 ml de leite fresco Leyma Natura
- 100 ml de aceite de oliva virxe extra
- 1 sobre de fermento químico
- 4 culleradas de anís
- A reladura de un limón
- Un chisco de sal (3 gr aprox)
- Aceite de xirasol para fritir
- Azucre branco e un pouco de canela para o rebozado
Preparación
- Comezamos poñendo os ovos e o azucre nun bol. Batemos ben, a velocidade rápida, ata que branqueen e aumenten o seu volume.
- A continuación, engadimos o chisco de sal, o aceite, o leite, o anís e a reladura do limón e batemos todo outra vez, a unha velocidade máis lenta.
- Nun recipiente aparte, tamizamos a fariña co fermento químico, engadímolo ao bol e mesturamos ben. A continuación, imos engadíndoa pouco a pouco á masa e mesturamos ata que poidamos amasar.
- Para iso, enfariñamos a superficie de traballo, vertemos a masa e amasámola ata que adquira a consistencia desexada. Buscamos que quede unha masa branda, pero que poidamos traballala coas mans para formar as nosas rosquillas.
- A continuación, cubrímola cun pano e deixámola reposar uns dez minutos aproximadamente.
- Unha vez transcorridos, e antes de empezar a darlles forma, poñemos o aceite de xirasol a quentar nunha tixola, cubrindo o necesario para que as rosquillas non toquen a base.
- Para facer as nosas rosquillas, collemos unha porción pequena de masa, estirámola dándolle forma de churro e unimos as puntas.
- Unha vez que as temos, pasamos a fritilas. É importante que deixemos separación entre elas, xa que adoitan crecer bastante. Cando estén douradas polos dous lados, pasámolas a un prato con papel de cociña para quitarlles o exceso de aceite.