Spaghetti con manteiga e queixo de Arzúa

Spaghetti con manteiga e queixo de Arzúa

Spaghetti con manteiga e queixo de Arzúa

Todo un clásico! Se buscas ter enerxía para a volta á rutina, esta é a túa receita. A súa textura cremosa é perfecta para lograr un prato quente e delicioso agora que comeza a chegar o frío. E o mellor de todo… tan só necesitarás cinco ingredientes! Imós aló!

 

Preparación
30 min.

Cociñado
20 min.

Total
50 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 400 gramos de spaghetti
  • 75 gramos de manteiga Leyma Natura
  • 100 gramos de queixo de Arzúa-Ulloa Leyma Natura
  • Sal
  • Pementa branca molida

Preparación

  1. Cocer os spaghetti en auga fervendo lixeiramente salada ata que esté ao dente remexendo mentres a cocemos.
  2. Unha vez cocida a pasta, escoar e verter sobre unha bandexa.
  3. Condimentar coa manteiga, cortada en anacos, mesturando ben.
  4. Engadir o queixo relado, cunha chisca de pementa branca e volver a mesturar.
  5. Servir na mesa e acompañar co resto do queixo relado nunha conca aparte. É un detalle que gusta moito!