
Torta de lacón con patacas
Publicado o 28 Xan 2022
en Pratos do día a día
Unha receita que fala por si soa, ti que opinas? Aínda que o resultado sexa impresionante, a elaboración é moi sinxela. Un auténtico manxar para o paladar feito con produtos de primeira calidade da nosa terra: un bo lacón, patacas, leite… Non está nada mal!
Preparación
20 min.
Cociñado
35 min.
Total
55 min.
Racións
4
Ingredientes
- 5 patacas medianas
- 350 g de lacón
- 200 ml de leite enteiro Leyma Natura
- 2 ovos
- 300 g de queixo de tetilla relado Leyma Natura
- 2 dentes de allo
- Media taza de pan relado
- 1 cullerada de manteiga Leyma Natura
- Sal
- Pementa
Preparación
- Prequentar o forno a 200º mentres preparamos a receita.
- Untar o molde que usaremos coa manteiga Leyma Natura
- Lavar, pelar e cortar as patacas en toros para logo fritilas e salpementalas ao teu gusto.
- Nunha cunca mesturar os ovos, o leite, o allo, o sal e a pementa.
- Noutro recipiente poñer o queixo de tetilla de Leyma Natura previamente relado.
- Poñer no fondo do molde as patacas, logo engadir outra capa do queixo e outra do lacón.
- Verter a metade da mestura do leite no molde.
- Volver a colocar outra capa máis das patacas, do queixo, do lacón e da mestura do leite e ovos.
- Botar por riba o pan relado e meter no forno durante 45 minutos.
- Deixar arrefriar 15 minutos mínimo antes de servir. Lograrás un efecto gratinado para chuparse os dedos!