
Torta de queixo Leyma Natura Arzúa-Ulloa
Un das sobremesas por excelencia. Unha delicia realmente fácil de facer, con ingredientes de toda a vida e garantía de éxito. Non tardes en probala, que se te despistas xa non quedará nada 😉
Preparación
10 min.
Cociñado
60 min.
Total
70 min.
Racións
8
Ingredientes
– 375 g queixo de untar
– 375 g queixo Leyma Arzúa-Ulloa
– 6 ovos
– 400 ml de nata para montar Leyma Natura
– 200 g azucre
– 150 g de galleta
– 80 g de manteiga tradicional Leyma Natura
Preparación
1. Trituramos as galletas e mesturamos coa manteiga previamente derretida no microondas para facer a base. Estendemos sobre o molde e metemos na neveira para que se arrefríe.
2. Nun cazo a lume medio, quentamos a nata e o queixo Arzúa para que se funda.
3. Retiramos e engadimos o azucre, o queixo de untar e os ovos. Mesturamos ben todo cunha batedora ata obter unha mestura uniforme e sen grumos, pero que tampouco quede demasiado líquida.
4. Vertemos a mestura sobre a base de galleta do molde e introducimos no forno durante 40 min a 180º. Imos picando cun escarvadentes para saber se está lista.
5. Deixamos arrefriar, desmoldamos e a gozar ;)