Torta de Queixo e Cereixas

Torta de queixo e cereixas

Torta de Queixo e Cereixas

Se hai unha sobremesa que nunca falla é a torta de queixo. E se aínda por riba combinámola coa froita estrela da tempada e ingredientes Leyma Natura o resultado é máis que espectacular! 🍒🍒🍒 🤤

Preparación
25 min.

Cociñado
75 min.

Total
100 min.

Racións
4

Ingredientes

  • 400 gr de cereixas
  • 500 gr de queixo de untar
  • 100 gr de queixo D.O. Arzúa-Ulloa Leyma Natura
  • 1 iogur natural
  • 300 gr de azucre
  • 4 ovos
  • 40 gr de fariña de trigo
  • 250 ml de nata Leyma Natura
  • Para a base: 8 galletas tipo Digestive e 50 gr de manteiga Leyma Natura

Preparación

  1. Lavamos e  deshuesamos as cereixas.
  2. Derretimos a manteiga no microondas, adoita bastar con menos dun minuto.
  3. Trituramos as galletas e mesturámolas coa manteiga Leyma Natura derretida.
  4. Estendemos a mestura no molde presionando ben cos dedos para que nos quede a base compacta.
  5. Prequentamos o forno a 180º con calor arriba e abaixo.
  6. Nun bol mesturamos ben coa batedora os queixos (ambos a temperatura ambiente), a nata Leyma Natura e o iogur ata que se integren.
  7. Noutro recipiente batemos os ovos e 200 gr azucre ata que branqueen e engadimos a fariña tamizada aos poucos para evitar que se formen grumos.
  8. Mesturamos ambas as masas cunha espátula de goma ata obter unha textura totalmente homoxénea e envorcamos sobre a base de galleta.
  9. Introducimos o molde no forno (á mesma temperatura á que estaba) durante uns 50 minutos ou ata que picando o centro da torta cun escarvadentes saia limpo.
  10. Mientra se cociña a torta, iremos preparando a cobertura. Poñemos a maioría das cereixas nun cazo xunto co resto do azucre e un pouco de auga, removemos e deixamos ao lume arredor duns 20-25 minutos (reservamos unhas poucas para engadir ao final e decorar, xa que practicamente quedarán desfeitas). Transcorrido este tempo removemos ben, incorporamos as cereixas que reservaramos e deixamos arrefriar.
  11. Cando a torta de queixo estea lista, sacámola do forno, desmoldamos e deixamos arrefriar.
  12. Vertemos a cobertura sobre a torta, metémola na neveira durante un par de horas para poder servila ben fresquiña e xa só queda a mellor parte… gozar desta marabilla de sobremesa! 😊

As nosas suxerencias