
Torta de turrón brando
Unha nova forma de presentar a sobremesa do Nadal. O suave sabor desta torta de turrón brando deixará aos teus invitados coa boca aberta e converterase no broche final perfecto para esa cea tan especial.
Preparación
15 min.
Cociñado
35 min.
Total
50 min.
Racións
6
Ingredientes
Para a base:
- 150 gr de galletas María
- 75 gr de manteiga Leyma Natura
Para o recheo:
- 300 ml de nata para montar Leyma Natura
- 200 ml de leite enteiro Leyma Natura
- 250 gr de turrón brando
- 1 sobre de callada en po
Preparación
- Primeiro prepararemos a base da torta. Trituramos as galletas e mesturámolas ben coa manteiga previamente derretida no microondas ata conseguir unha masa uniforme.
- Cubrimos a base do molde con papel de forno e vertemos a mestura. Imos presionando cunha culler para que a base quede lisa. Unha vez estea lista, metemos o molde na neveira para que se arrefríe.
- Mesturamos o sobre de callada en po cun pouco de leite e removemos ata que se disolva ben.
- Quentamos a lume medio nunha pota a nata xunto co resto do leite e o turrón brando, removendo de forma continua para que non se formen grumos e evitar que se pegue.
- Cando a mestura chegue ao momento de ebulición engadimos a callada xa disolta e mesturamos. Tan pronto ferva, retiramos do lume.
- Sacamos o molde que tiñamos na neveira e incorporamos a nova mestura. Deixamos arrefriar e volvemos meter na neveira durante varias horas.
- Decoramos ao gusto cos nosos ingredientes favoritos: chocolate, caramelo, froitos secos, nata… Deixa voar a túa imaxinación e a gozar!