Tortiñas

Tortiñas

Ricas e saborosas. Unha merenda rápida e sinxela que podes combinar de moitas formas diferentes: chocolate, nata, caramelo… Ou engade a túa froita favorita para gozar dunha alternativa máis saudable. Como as vas a tomar hoxe?

Preparación
10 min.

Cociñado
15 min.

Total
25 min.

Racións
12

Ingredientes

• 150 g de fariña de trigo
• 2 ovos
• 25 g de azucre (ou panela)
• 50 g de manteiga Leyma Natura
• 200 ml. de leite enteiro Leyma Natura
• Unhas pingas de esencia de vainilla
• 12 g de fermento en pó
• Un chisco de sal fino

Preparación

1. Nun recipiente mesturamos a fariña, o fermento, o azucre e o sal.
2. Noutro recipiente mesturamos os ovos batidos, a manteiga derretida e a esencia de vainilla. Incorporamos os ingredientes secos e mesturamos cunha balea.
3. Vertemos o leite e batemos, é moi importante que non batamos demasiado a mestura. Trátase de integralos pero non é necesario tentar eliminar todos os grumos. Se o batemos en exceso as tortiñas quedarán demasiado duras.
4. Quentamos unha tixola antiadherente.
5. Cando estea quente, engadimos un cullerón da mestura das tortitas, deixando que sexa a propia masa a que se redistribúa na tixola.
6. Cando vemos que aparecen burbullas na parte superior da tortiña, é o momento de darlle a volta cunha espátula. Cociñamos polo outro lado durante 30 ou 40 segundos e retiramos.

As nosas suxerencias