Tostas de Queixo Tetilla Leyma con arandos e cebola caramelizada

Tostas de Queixo Tetilla Leyma con arandos e cebola caramelizada

Se queres sorprender aos teus invitados cun aperitivo orixinal e saboroso, esta receita encantarache. Mesturando o incrible sabor do Queixo tetilla Leyma Natura con ese toque doce dos arandos e a cebola caramelizada, conseguirás un contraste que os deixará asombrados, estamos seguros de que repetirán.

Preparación
15 min.

Cociñado
35 min.

Total
50 min.

Racións
4

Ingredientes

INGREDIENTES

  • 1 barra de pan
  • 150 g de arandos vermellos
  • 2 culleradas sopeiras de azucre
  • 2 cebolas
  • 150 g de Queixo tetilla Leyma Natura
  • 2 culleradas sopeiras de vinagre balsámico
  • 2 culleradas sopeiras de manteiga

Preparación

  1. Derretimos un pouco de manteiga nunha tixola para pochar a cebola ben  picadiña.
  2. Engadimos os arandos xunto cun pouco de azucre, integramos ben a mestura e deixamos ao lume para que se caramelice.
  3. Rebanamos o pan e untámolo por ambos os lados cun pouco de manteiga.
  4. Quentamos na tixola ata conseguir unha capa dourada e crocante.
  5. Cortamos o Queixo tetilla Leyma Natura en anacos que colocaremos sobre o pan xusto ao retiralo do lume para que se funda un pouquiño.
  6. Finalmente coroamos o noso aperitivo coa mestura de arandos e cebola. Listo! Un aperitivo orixinal, sinxelo e saboroso :)

 

As nosas suxerencias